2018/05/02

Xuntanza en Xil


FINAIS DO 28 MAIO 2018

Co gallo do Xerro 2018 (28 de abril),  xuntámonos na Taberna de Cancela de Xil para rematar o tema das finais de Santiago que mais ou menos seguen como o ano pasado e quedan do xeito seguinte:
Na mesa estaban, Chicho e Xan Rodiño, pola conferencia Rias Baixas.  Daniel, Flores, Franco, Geni, Jorge, Lucía, Muriego, Noé, Villarino e Xermán, pola NorEste  e ninguén pola  NorOeste que escusan asistencia e  aceptan o que se decida. 

Prazas para as finais:
            Establécense as prazas definitivas para cada conferencia según o porcentaxe de participación igual que o ano pasado, sendo o reparto como segue:

 
 
NORLESTE
NOROESTE
RIAS BAIXAS
 
TOTAL
ABSOLUTA
14 +
(1 Campión)
9
23 +
(1 AllStars)
 
48
DONAS
4
2
11 +
(1 Campioa)
 
18
EQUIPOS
3
2
3
 
8
VARADOS
7
3
10
 
20
INFANTIL
TODOS
TODOS
TODOS
 
TODOS
 
           Teñen praza fixa O Coroceiro actual e a Campioa. A Praza do ALL STARS este ano e para Rías Baixas.

A orde da disputa das finais segue igual: As 11 da mañá comézase cas finais infantís, logo varados e logo equipos, quedando pa tarde as de donas e absoluta.

 Categoría infantil: Cinco golpes e puntuación por proximidade o Varal. Nas outras categorías quen non entre no varal non puntua.

Varados: Auméntase ata 10 as prazas da conferencia Rías Baixas mantendo o mismo número para as outras dúas conferencias. En total 20 finalistas.

Primeira rolda de cinco tiros. Si nadie entra, aqueles que non pasen da liña de corenta metros quedan eliminados. Segunda rolda de cinco tiros do mismo xeito ca primeira. Si fai falla terceira (outros cinco tiros), adiántase a saía dez metros.

Categoria equipos:  Sin variación. Seis grupos de oito palandores por grupo.

Categoria femenina: Catro golpes máximo. Fanse dous grupos de 9 e pasan catro de cada un. Enfrentamentos directos e final a dúas con disputa de 3º e 4º posto.

Categoria absoluta. No absoluto fanse seis grupo de oito xogadores cos primeiros e segundos de cada conferencia cabezas de serie, logo nos grupo que van os primeiros métense os cuartos e no dos segundo van os terceiros. O resto ata completar van o chou.
 
Arbitros. Obligatoriamente haberá un árbitro de xogo e outro de varal. Cada equipo terá xente disponible para arbitrar, seguir os sorteos e calquera outra labor necesaria.

No hay comentarios: