2018/01/17

7ª xornada da LNB NorLeste 2017/18


7ª xornada da LNB NorLeste. Castro de Rei 13 xaneiro 2018

ALBINO COROASE GAÑADOR EN CASTRO

 Catro foron as “Galiñas de Mos” polas que os palanadores da conferencia NorLeste da LNB loitaron no pavillón de Castro de Rei, donde por mor da choiva se disputou a sétima xornada da liga regular.
Notable asistencia de participantes que confirma a boa saúde da que goza a billarda. As obrigadas baixas que se producen por traballo ou compromisos varios, veñen sendo cubertas coa incorporación de xente que se reencontra co xogo-deporte da súa xa lonxana nenez.
Albino di que xogou moito de neno e abodé que o demostra
A victoria de Albino (pleno de carreiras gañadas) de Carabullo, pode que sexa unha sorpresa, mais non o é tanto si nos fixamos na súa progresión ascendente dende que se integrou á multicolor serpe da LNB. Un fichaxe galáctico que lle dá un plus de calidade o xa de por sí potente equipo de Ponte de Outeiro e que confirma que o ben aprendido non se olvida.
A loita este ano está sendo moi esixente con tres equipos que se van turnando como gañadores da xornada. Os Billardeiros Musicais gañaron hoxe e siguen ao comando da clasificación, mais tanto Carabullo como Chainzos-Cadaval e Troitas Bravas, por este órden, non se desapegan damasiado. Catro equipos loitando polas tres prazas que dan dereito a xogar as finais de Santiago e cada volta menos xornadas para acadalas.
No terreo individual ocorre o mesmo, Charli atópase cómodo e aguanta firme no primeiro chanzo, mais non pode descuidarse porque agardando a botarlle o dente están Manu Pozo, Regueiro e Daniel que son os que teñen mais posibilidades sin olvidarnos de algún outro. Santi, Markytos e Pepe Vidal ao perder unha xornada, están algo alonxados mais non poden descartarse tampouco.
En donas, Geni vai alonxándose e deixa como única alternativa a Paula, ainda que xa, a considerable distancia. Hoxe foi tamén a mellor en donas seguida de Chinita e de Lorena.
 

Con tres varados acadados, Santi foi o mellor da xornada e Regueiro fixo dous.  En total conseguíronse catorce no pavillón de cemento de Castro de Rei. Deberían haber sido algún mais que levaban camiño do varal pero as billardas voaron tan alto que o teito se ocupou de frealas.
 
Cortón ca súa "pita" como mellor xogador local.
Rematada a xornada, de mas de D. Francisco Balado, alcalde de Castro de Rei, asistido por Mario do clube de bolos “O Cadaval”, repártironse os agasallos da seguinte forma:
1º individual: ALBINO (Carabullo). GALIÑA DE MOS e trofeo.
   id          : MANU POZO (Billardeiros Musicais). GALIÑA DE MOS.
1ª dona:        GENI (Billardeiros Musicais). GALIÑA DE MOS.
1º equipo anfitrión: CORTON (Chainzos-Cadaval). GALIÑA DE MOS.
1º equipo: BILLARDEIROS MUSICAIS de Ribadeo. Dúcea e medio de ovos.
2º equipo: CARABULLO de Ponte de Outeiro. Dúcea de ovos.
          A vindeira xornada será o 28 de xaneiro en Meira, no VIII Aberto do lacón. Saúde e billarda sempre!

No hay comentarios: