2017/12/26


6ª xornada da LNB NorLeste. RIBADEO 16 DECEMBRO 2017

Pepe Vidal non cede un punto e pilla o Galo  

A choiva (tan necesaria e longamente agardada) foi nembargantes un atranco para a celebración da 6ª xornada da LNB NorLeste, que tivo que desplazarse ao pavillón de san Miguel de Reinante ante a imposibilidade de utilizar o campo de Fútbol da Faxarda, en Ribadeo.
Moi boa participación de palanadores. Superouse folgadamente o medio cento que puxo color e sobretodo calor nun xélido recinto deportivo do que tan a miudo votamos man e que agradecemos, a quen corresponda, a xentileza de porlo a nosa disposición sempre que lo precisamos.
Regueiro en labouras de arbitraxe
Como se presumía, a pista rápida, foi xornada de varados, ainda que a colleita non foi excesivamente abondosa. Once en total repartidos entre dez palanadores e destacando Regueiro (Troitas Bravas) que acadou un par deles, o que lle permite porse ao comando da táboa de honra emparellado co “Carabullo” Isma.
Charli acadou una boa puntuación mais non puido repetir triunfo
           Disque o cámbeo de escenario perxudicou a boa racha dos “Carabullo” na súa teima por pillar os Billardeiros Musicais (o equipo con mais títulos da Conferencia NorLeste e da LNB). Hoxe tiveron que velos dende  lonxe e ainda mais lonxe viron aos Chainzo-Cadaval e Troitas Bravas, ámbolos dous con igual puntuación.
A falta da derradeira cadeira, estaban con pleno tanto Pepe Vidal como Carlos Alvariño; o primeiro fixo valer a maior veteranía e redondeou a tarde saindo gañador. Alvariño tivo que conformarse con loitar polo segundo e terceiro posto con outros catro aspirantes (Pepe de Outeiro, David Navallo, Regueiro e Geni como representante femenina e codeándose cos mais grandes). David Navallo foi o mais acertado e o seu compañeiro de equipo Regueiro fíxose co terceiro caixon.
Geni, botando tamén una man no arbitraxe
En donas temos que subliñar que hoxe todas elas raiaron a gran altura. Geni (Billardeiros Musicais) foi a primeira, Paula (Chainzos-Cadaval) a segunda con varado incluido e Lucia (Remourelle Bulls) terceira.
Por equipos, xa dixemos que remataron empatados no primeiro posto con 88 puntos Chainzos-Cadaval e Troitas Bravas. Para decidir o gañador da xornada recurriuse (como esta regulamentado) ó xogador con mellor puntuación individual de cada equipo, coincidindo neste caso co gañador do aberto Pepe Vidal, daquela gañadores Chainzos-Cadaval.
Iván, animouse a participar por primeira vez este ano. Ten maneiras o rapaz.
          Boa tamén a participación de Xulio Vilas e a súa dona Merche, do equipo “APB Santa Bárbara” de A Laracha, da conferencia NorOeste que tiveron a ben facernos unha visita e xogar con nos. Graciñas e voltade cando queirades. 
Xulio Vilas agardando a súa quenda
Un fantástico galo xestionado por José Manuel (Mondoñedo, no mundo billardeiro), foi o agasallo principal e uns lotes de productos de Nadal para todolos gañadores. Parabéns e a seguir disfrutando da Billarda!
A competición retomarase día 13 de xaneiro do vindeiro ano 2018 en Castro de Riberas de Lea, mais a billarda estará presente o vindeiro día 30, en Meira na homenaxe que se lle rendirá o noso recordado compañeiro “Pepe da Flor”.

Desexamos a todos un BO NADAL e FELIZ  ANO NOVO!

No hay comentarios: