2017/11/22

5ª xornada da LNB NorLeste 2017/18

                                 OS CARABULLO NON ESTAN DE BROMA!
Emotiva xornada a que o sábado 18 de novembro vivimos no campo das Valgas de San Miguel de Reinante, correspondente a quinta xornada da liga regular de Billarda da conferencia NorLeste.
Antes de comenzar, Xermán deunos a triste nova da que que xa tiñamos sabido por distintos medios e cos paláns guindados no chan  e tódolos palanadores arredor, gardamos un respetuoso minuto de silencio en recordo de Xosé Salgado Agrelo, mais coñecido por Pepe da Flor ou Pepe de Meira, un bo home donde os haxa, amigo e compoñente do equipo Tropa Lixeira, que nos deixou prematuramente ao non superar unha longa doencia.

 Este mismo xesto foi repetido polos compañeiros da conferencia NorOeste o domingo a mañá e tamen o será pola conferencia das Rias Baixas no vindeiro encontro que disputen. Na gran familia da LNB será sempre recordado con agarimo. D.E.P.
                    
            Ainda que nos doa o peito, temos que sobrepoñernos porque a vida segue e a billarda tampouco pode parar. Comenzou a xornada cunha expléndida tarde nun campo ben marcado e ca herba moi coidada.
            O perto de medio cento de palanadores distribuidos en tres pistas simultaneas disparaban as billardas cara ao varal con mais ou menos fortuna, sin grandes sorpresas na xornada e polo tanto poucas variacións nos primeiros postos da clasificación. 
          Subliñar o bo rendimento de Manu Pozo que malia a estar doente do hombreiro dereito por unha caída (disque tentou misturar ciclismo e patinaxe sobre xeo e nun deu feito) e verse obrigado a xogar ca man esquerda, foi quen de manter o tipo e seguir ben acomodado no segundo posto da xeral.
             O Primeiro da xornada foi Charli, que recunca como gañador ainda que desta volta tivo que desempatar con un acertado Iván Alonso co que igualou a 22 puntos. O terceiro con 21 puntos foi Regueiro que manten a súa regularidade e sube un posto a costa de un non mui acertado Sachas no día de hoxe.
           Subliñar tamén a boa actuación do primeirizo Oscar, que nun terreo difícil para un principiante desenvolveuse moi bén.  O run run popular apunta a que tiña por reto facer mais puntos que Adrián Navallo. Nono conseguiu por mui pouquiño, pero xa está na axenda dos mais prestixiosos oxeadores que estarán mui ó tanto da súa evolución para tentar fíchalo. 
            Non tivo tanta fortuna o outro novel da conferencia. Adrian Rico que fixo o seu bautizo con moi boas sensacións no pavillón de Trabada, hoxe sobre herba trocou o conto e andivo a velas vir sin conseguir puntuar.
         En donas Geni impuxo a súa condición de bicampiona nacional e gañou con solvencia comezando o que parece unha fuxida cara adiante para seguir ca súa tiranía particular de nun deixarse pasar e xa acadado o obxetivo da xornada puido dedicarse tamen como fai hjabitualmente a traballos de arbitraxe. 
          Paula fixoo mui ben, pero tivo que rendirse ante os acertados golpes da musical billardeira. Lorena foi terceira.
             E non podemos deixar de nomear o xuvenil Manu Caldeiro que encadrado nun grupo nada sinxelo, a piques estivo de dar a campanada. Estase a converter en peza fundamental dos Bulls.  
En equipos, os Carabullo gañan por segunda xornada consecutiva ca teima de dar caza os campións Billardeiros Musicais. Ainda que pouquiño a pouco van recortando a diferencia de puntos que os separan e deixando descolgados a Chainzos-Cadaval e aos Troitas Bravas.
 E mentres se actualizaban as puntuacións e se facían os preparativos para a entrega de premios, entretivémonos comendo unas castañas asadas que como tódolos anos, Flores se encarga de trae quentiñas. O mismo Flores fixo entrega dos agasallos para os gañadores da xornada.
A seguinte xornada será o Trofeo do Galo en Ribadeo o 16 de decembro e para facer boca o vindeiro sábado 25 de novembro teremos a disputa da “XI Copa Cantábrica” contra a selección Asturiana de “liriu” en Piedras Blancas. 
 

 

No hay comentarios: