2017/11/07

4ª xornada da LNB NorLeste 2017.18

                                                              A CADEIRA
                                                (xogouse No pavillón de Trabada)

                       Os varados tiñan que aparecer. Era visto!

 Xa tardaban en chegar os varados na conferencia NorLeste e foi nesta cuarta xornada cando asomaron por primeira vez na tempada. A tan agardada choiva non deu trégola neste sábado 4 do mes de defuntos e obrigounos a trocar o bravio escenario do alto da Cadeira polo liso e uniforme chan do pavillón deportivo de Trabada donde o chaparrón de varados parecía querer competir ca pingueira de fora. 
O actual campión da conferencia Charli sigue en gran estado de forma. Gañou e fixo dous varados 
    Os vintesete tiros directos que se contabilizaron, quedan nembargantes lonxe da marca establecida o ano pasado en Meira donde o total da xornada foron trinta e oito.
As billardas saían a fume de carozo, fungaban no ar ou escoregaban favorecidas pola pista rápida cara ao varal sin atranco ningún.
Xornada vertixinosa  en canto ò xogo, destas que fan afición pola vistosidade, pola cantidade de xogadas espectaculares e mesmo estranas, que soio se poden dar dentro dun pavillón. Aquela billarda que semella ir afastándose do varal e que empurrada pola invisible man feiticeira de nun se sabe quen, troca a súa dirección ata introducirse na portería ou aquela outra que vai perdendo forza según se achega e non da chegado, mantendo os corazóns en vilo a piques de estoupar e que remata cun queixido de rabea si a billarda non chega ou cunha exploxión de xúbilo e felicidade si remata dentro do varal. Istas emocións non son para contalas, hai que vivilas e sentilas de perto con toda a súa intensidade.
            No ar era palpable unha expectación que iba medrando a medida que transcurrían as carreiras, xa na primeira Sachas abriu a lata dos varados cun tiro directo, moi ben secundado por Santi, Rubén, o infantil Manu Caldeiro, Isma e Muriego que o igualaron, logo virían outros mais destacando Isma que foi o máximo realizador da xornada con tres.
As boas fadas que velaron por Muriego nas dúas primeiras carreiras, facendo que dous tiros mais ben froxos
se convertiran en "varados" deberon ter algo mais urxente e deixárono so polo que non aguantou o nivel. 
          Foi unha xornada moi competida e igualada donde os favoritos deron poucas opcións, ainda que se tivo que tirar man dos desempates para decidir os tres primeiros postos. Os Carabullos Charli e Isma, con candanseus 23 puntos fixéronse co primeiro e segundo posto respectivamente. No terceiro quedou Jorge de Remourelle Bulls (con 21 puntos) logo de sair gañador do desempate con Regueiro de Troitas Bravas.
Manu Caldeiro abriu a súa quenda cun varado espectacular e pechouna do mismo xeito.
En equipos e para redondear unha moi boa actuación, os Carabullo foron os dominadores consolidándose así na segunda posición da xeral acortando un pouquiño a diferencia cos Billardeiros Musicais, hoxe terceiros e deixando a cinco punto a Chainzos-Cadaval, que hoxe foron segundos.
Os Carabullo dominaron en plan Campións. Gañaron por equipos. Primeiro e segundo posto individula
e primeiro en varados. Xornada cuasi redonda.
           En donas, Bea (Troitas Bravas) foi intratable, disque o bocata que se zampou antes do encontro lle puxo as pilas e abofé que foi eficaz. Segunda Lola Eiras (ex-Extensión Billarda e de momento na franquicia de Polka Miseria, ainda que se rumorea que os de Ekipa-Bítere lle están a facer as beiras para levala con eles ou alomenos refundir os dous equipos nun so, agardaremos acontecementos) e Geni (Billardeiros Musicais) rematou en terceiro lugar.
Os agasallos para os gañadores entregounos nesta ocasión o reaparecido seleccionador Manolo Flores, que voltou do seu periplo escursionil con tempo abondo para o seu aberto de San Miguel.  
               
Parabéns a toda a tribu billardeira por este novo éxito
.
 E xa agardamos pola quinta xornada na que visitaremos San Miguel; si o tempo o permite xogaremos no Campo das Valgas, a carón do campo de fútbol e si chove recurriremos como sempre o pavillón deportivo.

No hay comentarios: