2017/10/23

3ª xornada da LNB NorLeste.


3ª xornada da LNB NorLeste. Vian (xogouse en BRETOÑA) 21.10.17
Fai unas xornadas, deu moito que falar o caso dun campo de fútbol de primeira división no que se deixou o céspede moi alto, co gallo de perxudicar o xogo duns virtuosos contrarios ou polo menos favorecer un pouquitiño a un menos técnico equipo local. Pecata minuta! Daquela qué dirían si, despois de golpear a pelota, tiveran que andar remexendo entre a herba para atopala e seguir o xogo! Nun teñen mais que vicio, que diría calquera dos nosos abós. Quén pillara un campo así!
Que estou de coña? Non tal, abofé que foi tal como digo!  As imaxes o demostran e os palanadores o sufrimos.
           O sábado 21 no campo de futbol de Bretoña, disputamo-la 3ª xornada da Liga regular de Billarda da conferencia NorLeste cun tempo que, ainda amiazando choiva, nos respectou toda a tarde, a rachas ventoso pero non excesivo e co sol asomado tamén a velo xogo.
           A pegada da segadora quedou ben a vista, non afinou moito ca altura e deixou toda a herba espallada (de seguro que o obreiro tiña presa, ainda que hai quen, por malmeter, di que foi ben "untado" para deixala dese xeito).
          Foi de longo o maior atranco dos palanadores que se viron e desexaron, primeiro para acertar nos golpexos e logo para non perder de vista a billarda, non sempre co resultado agardado. En varias ocasións, a billarda foi engulida e desapareceu entre as pequeñas medas que agromaban por todo o campo, non foi doado atopala. Mais que palanadores semellaban un fato de mariscadores no tesón da ría buscando longueiros ca fisga.
O rum rum tamén disque o de ter así o campo, foi unha extratexia planificada do equipo local. Ou si ou non, (eso non se saberá nunca), mais salta a vista que o resultado final foi mui bó para eles. Acadarían unha xornada redonda de non ser por Manu Pozo de Billardeiros Musicais (quén había ser sinó), que se colou sin permiso na festa.
Os grupos con mais que menos atrancos foron tirando pa diante como puideron e acabando as cinco carreiras regulamentarias. Unha vez feito o reconto de puntos resultou gañador Pepe Vidal dos locais Chainzo-Cadaval que acadou impensado pero mui meritorio pleno de 25 puntos, segundo a un so punto (na derradeira carreira o debutante Albino adiantouselle conseguindo os cinco), o Billardeiro Musical Manu Pozo e terceiro o tamén local Rubén con 23.

Non foi un día axeitado para que os debutantes (Albino e Oscar na imaxen), poideran exhibir todo o potencial de xogo que levan dentro, mais si para mergullarse de cheo no que é o xogo da billarda. Habilidade, forza, carraxe...e por riba de todo amizade!
En equipos Chainzos-Cadaval acadou a mellor puntuación da xornada, que o leva do cuarto ao segundo posto da xeral tralo campión Billardeiros Musicais, hoxe segundos, no terceiro posto quedou Carabullo.

De regular a mala se pode calificar a xornada de hoxe para os Troitas Bravas de A Pontenova que estiveron moi desdibuxados e baixan o cuarto posto.
En donas, a campiona Geni (Billardeiros Musicais), ainda que non quedou moi satisfeita do seu rendimento, foi a mellor, superando a Paula (Chainzos-Cadaval), que foi segunda e a Carme (Troitas Bravas), que rematou no terceiro lugar da xornada.
 E Para remate dunha dura xornada, Lorena fixo de mestra de cirimonia na entrega de premios por parte da tenente de alcalde de A Pastoriza  os gañadores. As consabidas “bolas de liscos” que dan nome o aberto e que deixando apartada a rivalidade do xogo compartimos in situ os presentes. 
 
A A vindeira xornada esta programada para xogar no alto da Cadeira o vindeiro 4 de novembro. Será as tres e polo cambio de hora, teremos que ser mui puntuais para dar ramatado antes de que nos colla a noite.  

 

 

No hay comentarios: