2017/05/30

FINAIS NACIONAIS NO CASTIÑEIRIÑO


                                                            PLAY OFF FINAL DA LNB
O CASTIÑEIRIÑO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 28 MAIO 2017

 A Guagua da multicolor serpe da LNB-NorLeste saia da estación de buses de Ribadeo mui de mañanciña cara a Cidade do Apóstolo con tódalas súas armas disposta a loitar cas outras conferencias polos títulos nacionais en xogo.
           Parada obrigada no Cruceiro e de novo en ruta cara ao campo de fútbol do Atlético Fátima no Castiñeiriño, donde os compañeiros foron dilixentes en marcalas pistas de xogo para dar comezo puntualmente.

O turno da maña abrírono os mais cativos ca disputa do campionatop infantil.O noso único representante da franquicia dos Remourelle Bulls, Manu Caldeiro, deixou boa mostra do seu xogo, mais pouco puido facer ante o poderío dos rapaces das Rías Baixas. O vixente campión e máximo favorito, Juanma (Lúa de Forza de San Senxo), tivo que rendirse ante o acerto de Adriana (Valpaços Terra quente de Vigo), que resultou Campioa por diante de Geno (Corredoiras de Bueu) e o propio Juanma.
 Turno seguinte para os Varados, no que competían 17 palanadores (7 do NorLeste, 3 do NorOeste e 7 das Rias Baixas). Abriu o fogo Markytos (Billardeiros Musicais de Ribadeo) golpexando a billarda con tanta violencia que entrou polo medio do varal sen tocar o chan. Primeiro e único “Varado” que lle valeu o campionato, (naide mais foi quen de superar os 50 metros e igualar a fazaña quedando desertos o segundo e terceiro postos) e por riba acadar o único trofeo que lle faltaba para completar o GRAN SLAM LNB (Varados-Individual-Equipos) e sumarse os dous que xa o tiñan conseguido con anterioridade (Xan Rodiño de Bateas, hoxe de Lúa de Forza, e Daniel de Billardeiros Musicais).  
De seguido a Final de equipos cos actuáis campións Billardeiros Musicais entre os favoritos en tódalas apostas. Empezaron moi parellos xunto cos Carabullo e os Corredoiras mais foron perdendo folgos según avanzaban as carreiras ao tempo que a regularidade dos xogadores do Gharaboto lles facían subir chanzos. Finalmente foron os de Bueu, cas súas mulleres Bego e Lu tirando do carro, quenes acadaron o primeiro posto.  O pleno de Santi nas cinco carreiras e o bo xogo de Dani Moran, levounos a xogarse o segundo posto fronte os Gharaboto de Marín, os que finalmente doblegaron.
Contra as duas, as bancadas do campo trocaron en grande e animado comedor, donde non faltaron as bromas, os contos e o xa famoso concurso da mellor tortilla, que co nome de “non cho digo”, este ano foi para o concursante de Marín Luis Camiña que con grande alboroto se levou o millo corvo.
           De novo os terreos de xogo deu comezo a final femenina. En  tódalas quinillardas, partían como favoritas, Geni, Bego e Lu (todas elas xa gañadoras en algunha ocasión), e non defraudaron pasando sin problemas de grupo.
          Nos cruces, saltou a sorpresa cando unha fenomenal Chefa botou fora a Lu, Bego sufriu para desfacerse de Paula e Geni tivo unha caída que a piques estuvo de chimpala fora ante a campioa infantil Adriana, mais puido seguir adiante e ainda que cas facultades físicas mermadas, disputou con gran carraxe a final a tres nuha titánica loita donde Chefa (Corredoiras) foi a gran gañadora e se impuxo merecidamente.
               A súa compañeira de equipo Bego, foi segunda e Geni (Billardeiros musicais) quedou nun moi meritorio terceiro posto malia a súa merma física.
Pasamos a final mais agardada e para facela ainda mais interesante, os ceos bendeciron o campo cunhas cantas pingas que ablandaron e fixeron mais novediza a área. Un atranco mais na xa de por si difícil loita polo título de Campión Individual Absoluto.
            Seis grupos de oito palanadoroes cada un, que logo de cinco carreiras quedarían reducidos a metade para disputar xa os cruces direutos.
               Emocionantísimos cruces que foron alixeirando o vagóns  de pasaxeiros. Salientable actuación de Bego (única muller que pasou de grupo e que foi quen de chegar a semifinais) que xa como primeiro reto tivo que desfacerse de Collazo (Campo da Feira de Paiosaco) nun enfrontamento de infarto con desempate a carreira e logo tiro longo tan axustado que foi preciso tirar de cinta métrica para decidir quen pasaba rolda. Despois tamén lle puido a Luis Pirucha (outro dos futuribles campións de Gharaboto de Marín), mais tivo que rendirse ante o inefable Markytos nas semifinais.
           Do mesmo xeito que o tren da final, rolda tras rolda foi chimpando fora aspirantes, a pouca choiva foi dando paso a un tímido arco da vella que  paseniño se fixo mais visible e quixo que a súa presenza fora colorido e celestial marco para un posible tricampeón da LNB.
         Markytos (bicampión dos Billardeiros Musicais de Ribadeo), estaba na final cos aspirantes Dani (de Rinoceronte de Pontevedra) e Charli (de Carabullo de Ponte de Outeiro). Dous palanadoroes da conferencia NorLeste contra un da Rías Baixas.
         Final emocionante donde as hai e de poder a poder cos xeareiros completamente entregados cada quen xaleando o seo favorito. Saída espectacular dos tres aspirantes, si o golpe de Charli foi bo, o de Markytos foi mellor e Dani ainda os superou. Segundo golpe, Charli queda a carón do varal mentres Markytos e Dani entran os dous.
Na segunda Carreira Markytos toma vantaxe polos erros dos outros dous e acada dous novos puntos, Dani fai so un e Charli queda en blanco co que xa sin opcións, perde folgos e vense abaixo.
             Na terceira carreira, sae Dani algo froxo, Charli a media pista e Markitos alonxaxe cara ao varal. Segunto tiro, erran tanto Dani como Charli, si marca Markytos gaña. Prepárase, tira e… a billarda fica pegada a un poste do varal sin chegar a entrar. Terceiro golpe, Dani aproveita e cun moi bo golpe entra polo medio do varal meténdolle moita presión a Markytos que non  pode errar na súa quenda. Charli, desmotivado, erra de novo. O músico billardeiro prepara a partitura con sumo coidado, axeita a billarda…comproba e volve axeitala, levanta o palán e zas!... ENTROOOO…!!!  ... DENTROOOO…!!!    Está feito!  De novo Coroceiro Nacional!  o peche d’ouro dun verdadeiro campion!   MARKYTOS TRICAMPION da LNB.
           Rematou a tempada billardeira ca entrega de premios e agasallos os distintos gañadores en cada categoría e ca gaita interpretando o himno da billarda, mais emocionado que brilante. Cunhas palabras do novo Coroceiro Markytos e cas de Mario, o gran valedor destas finais na capital galega, demos por finalizada a festa billardeira por excelencia. Para o ano mais e mellor!
                 Estos foron os resultados finais:

Infantis:          1º-ADRIANA -          Valpaços Terra Quente - Vigo
2º-
GENO -                Corredoiras - Bueu
3º-
JUANMA-            Lúa de Forza – Sanxenxo

Varados:        1º-MARKYTOS-      Billardeiros Musicais – Ribadeo
                       2º DESERTO
                       3º DESERTO

Equipos:       1º-CORREDOIRAS - Bueu
2º-CARABULLO -  
Ponte de Outeiro
3º-GHARABOTO –
Marín

Donas:            1º-CHEFA-               Corredoiras - Bueu
  2º-BEGO-                 Corredoiras - Bueu
  3º-GENI-                  
Billardeiros Musicais – Ribadeo

Absoluta:       1º-MARKYTOS-      Billardeiros Musicais - Ribadeo
                      2º-DANIEL-             Rinoceronte - Pontevedra
                      3º-CHARLI-             
Carabullo - Ponte de Outeiro

       A tempada rematou, quedan agora os torneos de verán nos que xa poderemos disfrutar da billarda sin a presión da competición. Comencemos xa o sábado tres de xuño en Muimenta. Xotramu e as filloas agardan por nos! 

No hay comentarios: