2017/04/05

9ª xornada da LNB NorLeste

                                                9ª xornada da LNB NorLeste. Bretoña 01.04.17

Charli comanda a gran tarde de "Os Carabullo" en Bretoña  

            O campo de Vián estaba completamente anagado e daquela, trasladouse a disputa do “III Aberto da Bola de Liscos” para o campo de fútbol de Bretoña, a carón do pavillón deportivo.
O debate estaba en si xogar resgardados no pavillón ou arriscar e facelo fora, pois o tempo non ofrecía moitas garantías. Apostouse polo segundo e de inmediato (mentres uns se ocupaban en realiza-lo sorteo de grupos), as brigadas dos Chainzo-Cadaval puxéronse mans a obra en nun plis plas, as tres pistas estaban marcadas e dispostas para comenzar a disputa da novena xornada da LNB conferencia NorLeste.
            Comenzou pois a loita a ceo aberto cos raios de sol e unha fría brisa alternándose en bicar as facianas dos bravos palanadores que loitaban contra a herba mesta, tentando esmagala un poquiño para un bo acomodo da billarda.
Hervy a por todas

            Tanto esforzo en prepara-la xogada, e malia pericia dos palanadores, non sempre deu os froitos desexados e moitas veces as billardas voaban ao campo veciño ou a donde lles petaba, como si despois de ser golpeadas colleran vida propia.
            E así con erros e acertos duns e doutros, chegamos a quinta e derradeira carreira con Charli (Carabullo) e Pepe Vidal (Chainzos-Cadaval) con posibilidade de acadar o pleno.
 
             A sorte foi dispar, mentres Charli cumpriu e xaquelogo gañou o primeiro posto con 25 puntos (primeiro pleno nesta tempada), Pepe Vidal derrubouse (quedou con 20 p.), dando chance a Javi Morán (Carabullo), Daniel e Rubén (Billardeiors Musicais) que o adiantaron na procura do segundo e terceiro caixón do podio ao acadar todos eles 22 puntos.
Nesta ocasión Rubén quedou fora, Daniel foi terceiro e Javi Morán fíxose ca segunda plaza, para redondear unha cuasi perfecta tarde dos Carabullo que con 86 puntos tamén dominaron en equipos, seguidos de Billardeiros Musicais con 83 e de Chainzos-Cadaval con 70.
En donas foi Bea (Troitas Bravas) a mellor, segunda Geni e terceira Lola Eiras (Polka Miseria).
Lorena oficiou como maestra de ceremonias na entrega de premios por parte da tenente de alcalde de A Pastoriza  aos gañadores consistentes en artísticas tallas saídas das mans de Rubén (Chainzos) para os tres primeiros clasificados e a consabida bola de liscos para o Campión Charli e para o equipo da xornada, Os Carabullo.

A vindeira enganchada en Mosteiro (Pol), está sin día fixo por algún  contratempo na data prevista.

No hay comentarios: