2017/04/30

10ª xornada da LNB NorLeste


10ª xornada da LNB NorLeste. Mosteiro 29.04.17

Markytos gaña en Mosteiro e acada unha clasificación que tiña lonxana

Na cuidada herba da fermosa Carballeira de Mosteiro, disputouse o "III Aberto a Ceo Aberto" correspondente aa décima xornada da LNB da Conferencia Norleste e malia que nesta superficie sempre se marcan grandes diferenzas, nada se decidiu en canto ó posible campión individual. As puntuacións dos catro primeiros foi parella e deixou as cousas como estaban.
         E deso foron testigos de excepción os compañeiros da NorOeste que se achegaron a competir con nos. Agardo que disfrutaran xa xornada como nos disfrutamos e agradecemos a súa visita. Parabén e billarda sempre.

               Así pois haberá que agardar á derradeira xornada en Remourelle o 20 de maio, para saber si o campión será un Billardeiro Musical (Daniel, Rubén Fdez. e Manu Pozo) ou o Carabullo Charli quén se faga co entorchado. A direfenza de puntos é tan pequena que calquera deles pode facerse  co título da tempada. Agás unha catastrófica xornada destos catro, naide mais ten xa posibilidades.
   Tampouco están decididos os postos para o Play Off de Compostela, podemos decir que hai dez casi fixos mais para os outros postos hai un amplo abano de aspirantes con posibilidades. O bicampión nacional Markytos, perdeuse varias xornadas e tiña poucas posibilidades de clasificarse, mais ca súa victoria de hoxe foi quen de brincar do vintedous o posto quince e colarse entre os aspirantes.
            En varados, ainda que hoxe non era terreo doado tanto pola herba como polo vento que nos acompañou toda a tarde, os especialistas deixáronse ver acandando uns moi  bos rexistro con sete tiros directos, destacou o carabullo Santi que fixo dous e comanda xunto con Markytos a clasificación xeral nesta especialidade. Mollaron tamen Muriego, Regueiro e Markitos entre os veteranos e estreáronse os noveles Iván Alonso e Oscar Trade, ámbolos dous de Billarda Verde.
            O que naide poñia en dúbida dende fai xa varias xornadas é que a Gañadora indiscutible e intratable da Conferencia é Geni. Mui boa actuación a de hoxe da bicampioa nacional que rematou ca oitava mellor puntuación da xornada e se colaca no sétimo posto da xeral.
          Decir tamén que os Billardeiros Musicais son os virtuais Campións da tempada. A diferencia de puntos, sinon matemáticamente, semella insalvable para os perseguidores.
          Nin que decir tén que Remourelle será unha xornada para non perderse. Emoción e nervos como corresponde para por o peche d’ouro a unha tempada billardeira que quedará para a historia como unha das mais disputadas e competidas da conferencia Norleste.
Os premios, artísticas e orixinais tallas en madeira, foron entregados os gañadores por Manu como representante de A.C. Polka.  
           Como se ten acordado nunha das xuntanzas que temos feitas e por si alguén ainda non o sabe, os grupos na derradeira xornada formaranse seguindo a clasificación xeral, e dicir:  Si por exemplo nos xuntamos 60 pa xogar, os grupos serán de dez palanadores. Primeiro grupo os clasificados do un o dez, segundo grupo os clasificados do 11 o 20 e así os demais. En Mosteiro apuntouse como novedade xogar tódolos grupos agas o primeiro que o fará en último lugar e xogando todas as carreiras seguidas para darlle mais vistosidade  a disputa do título individual.

            Mais, levémolo con calma e antes de pornos serios, seguiremos co ritual anual dos billardeiro da facer a “xira dos furanchos”. Xil agarda por nos!
            O vindeiro sábado 6 de maio as 8:00 horas, sairá da estación de autobuses de Ribadeo o bus da LNB cara o Salnés. Apúntate que merece a pena!

 

 

No hay comentarios: