2017/01/31

7ª xornada de LNB NorLeste


7ª xornada da LNB NorLeste. Meira 29.01.17

Manolo Pozo  doutórase en Meira
            O “VIII Torneo do Lacón” correspondente a sétima xornada da LNB NorLeste, que se había de xogar no parque de Meira, tivo que ser trasladado ao pavillón de deportes por mor da choiva. Un clásico que a “Asociación Cultural M de Meira” se encarga de organizar e patrocinar dende 2011.
O pavillón deportivo de Meira é históricamente donde mais varados se veñen conseguindo, posuía a marca de trinta e seis varados dende o ano 2014, mais o domingo superouse ate a nova marca de trinta e oito tiros directos, que é tamén a máxima dunha xornada na LNB da conferencia NorLeste. A primeira vez que se xogou neste recinto foi no ano 2011 e daquela os varados conseguidos foron dezaseis.
Coma sempre seis grupos, nos que se encadraron por sorteo os sesenta e un palanadores dos oito equipos que compiten actualmente na conferencia nai da Liga Nacional de Billarda.
Ainda que o ambiente se iba caldeando a medida que as billardas iban entrando no varal, salientablemente cando o facían de tiro directo (varado), a tarde estaba fría e o chan humedento e perigoso, mais de un perdeu a vertical e enfuciñou, iso sin, sin consecuencias graves mais aló de unha que outra culada.
No transcurrir das carreiras, todolos planadores iban deixando algún que outro punto, so Milio dos Bulls deu chegado a derradeira carreira con posibilidades de facer pleno, mais de repente o seu bo facer trocou en erros sucesivos que o privaron de rematala faena.
No grupo un, agatuñaba firme e silandeiro Manolo Pozo. Sempre modosiño, sempre sosegado, alguén que parece non estar e nembargantes sempre está aí. Tiña unha oportunidade  e non la deixou fuxir. Levantou a billarda con tino, golpeou e….varado! Un bo golpe que o levou o mais alto do caixón, sendo tamen o mellor da xornada en varados (catro en cinco carreiras).

Para o segundo e terceiro posto, empate entre Franco, Pepe de Outeiro e Chousa que se resolveu en tres carreiras co resultado de Pepe 7 puntos, Franco 6 puntos e Chousa 5 puntos.

En donas, desta volta Irea e Lola Eiras (ambas 17 puntos), superaron a Geni (16 puntos). En equipos, Billardeiros Musicais foron os mellores seguidos de Chainzoa-Cadaval e de Remourelle Bulls.
Pepe da Flor ollando de perto.
En representación de “M de Meira” estivo con nos “Pepe da Flor”, un dos bravos palanadores do desaparecido equipo “Tropa Lixeira” que tiña que entregar os agasallos aos campións, mais por mor do traballo tivo que marchar antes de poder facelo. Graciñas Pepe! Contamos contigo!
            Así pois, foi Oscar Coto o xefe de ceremonias acompañado de Lola Eiras quen fixo entrega dos seguintes trofeos:
Campión Manolo Pozo  (Billardeiros Musicais)   Un Lacón
 
2º Pede de Outeiro (Chainzoa-Cadaval)      Queixo e botella de viño.


                     3º Franco (Billardeiros Musicais)      Ristra de chourizos.

                  1º Equipo Billardeiros Musicais    Cachola e ristra de chourizos.         

A vindeira xornada agarda por nos en Mondoñedo, tamén será domingo, o 19 de febrero, e o sábado 18 temos o amigable da Candeloria en Lugo.
Que nadie se quede na casa!  Todos a xogar a billarda!

 

No hay comentarios: