2017/01/16

6ª xornada da LNB Norleste


 

A galiña de Mos fai medrar o corral de Xan Rodiño
Cas tormentas enriba, o sábado gozamos de unha pequena trégola que nos bastou para disputar o “VII Aberto da Galiña de Mos” correspondente a sexta xornada da LNB da conferencia NorLeste. O campo vello de fútbol de Castro de Riberas de Lea, malia ó que se podía agardar, presentaba un inmellorable aspecto e disfrutamos dunha nova e concurrida enganchada billardeira.

A LNB non foi inmune aos virus da gripe e por elo sufrimos algunha ausencia de palanadores habituais, mais para compensar, tivemos a ledicia de recibir a compañeiros representantes das outras dúas conferencias, a do NorOeste (Collazo, Berdillo e Xulio Ponte) e a de Rias Baixas (Cheli, Luis Caminha e Xan Rodiño) que se achegaron a medir forzas con nos. Coma sempre, un pracer recibilos.
 
 
 
Dispuxemos de tres pistas simultaneas para repartir os seis grupos (de entre dez e once palanadores) que por sorteo se foron conformando. Deste xeito e por primeira vez en Castro, poidemos rematar a xornada ainda con luz natural, ó que axudou tamén que non houbera que facer desempates, xa que os postos quedaron perfectamente definidos ao remate das cinco carreiras regulamentarias.

O primeiro posto acadouno un dos palanadores mais laureados da LNB, que se fixo ca victoria no aberto amosando mais unha volta as maneiras do gran campión que é. Xan Rodiño de Adina (San Xenxo) do equipo “Lúa de Forza” da Conferencia Rias Baixas, levouse para o seo galiñeiro a afamada galiña de Mos. Estivo flanqueado no podio por outros dous grandes campións. Charli de “Carabullo” e Markytos de “Billardeiros Musicais”.

En donas, Geni volta a destacar e sigue ca súa tiranía de gañar todo o que xoga. Desta volta achegáronse bastante, ainda que sin inquietarla en ningún momento, Paula e Lola Eiras.

Por equipos impuxéronse por segunda volta consecutiva os “Carabullo” con un punto mais que os “Billardeiros Musicais”.
E deste xeito disfrutando de un ambientazo que de xornada en xornada vai in crescendo, rematou a xornada billardeira.
Nos premios para os gañadores colaboraron tanto o Concello cuanto a Asociación de Criadores da Galiña de Mos, os que damos as gracias e felicitamos.
Mario de O Cadaval  acompañou ó Sr. Alcalde (quen dirixiu unas verbas agradecendo a participación e difusión dos xogos tradicionales), na entrega dos seguintes agasallos:
            Una pita de Mos para o primeiro clasificado Xan Rodiño, de “Lua de Forza”
            Outra para o segundo clasificado Charly de “Carabulo”
            Outra para o primeiro clasificado do equipo anfitrión Pepe Outeiro de Chainzos-Cadaval.
            Outra para a primeira dona Geni de “Billardeiros Musicais”
            Dúas dúceas de ovos para o primeiro equipo “Carabullo”
            Unha dúcea de ovos para o segundo equipo “Billardeiros Musicais”

Rematada a xornada deportiva, tivemos unha pequena xuntanza para ir vendo temas relacionados cas finais de Santiago das que deixamos un resumo a continuación.
           A vindeira xornada agarda por nos en Meira o domingo 29 de xaneiro.

 
 

No hay comentarios: