2016/12/02

X Copa Cantábrica de Liriu-Billarda


A “COPA CANTABRICA” VOLTA PARA GALICIA
O sábado 26 novembro 2016, tivo lugar a disputa da Copa Cantábrica de Liriu-Billarda que neste ano chegaba a súa décima edición de forma ininterrumpida.
A selección galega de Billarda da Conferencia Norleste, capitaneada por Manolo Flores formaba con oito palanadores: Daniel, Franco, Geni (Billardeiros Musicais), Flores, Jorge, Xerman (Ekipa-Bítere), Suso Villarino (Remourelle Bulls) e Pepe de Outeiro (Chainzos-Cadaval).
Pola súa banda, a selección asturiana comandada polo “capitán Hevia” presentaba nove machetadores: Falo, Hevia, Lili, Luis Carlos, Luisa, Nacho, Nevado, Pepa e Xosín.
A céntrica Praza de Europa de Piedras Blancas (Castrillón), foi testemuña e marco ideal para celebrar o décimo cabodano deste enfrontamento galaico-asturiano.
O tempo estuvo acorde co evento e luciu o sol perante toda a maña e mentres palanadores galegos e machetadores asturianos loitaban polos puntos en xogo, os curiosos xaleaban os seus e interesábanse polo xogo lembrando súa nenez.
As 12,00 h. comezaba a loita na modalidade de Encastrau, qué é a modalidade á que xogan habitualmente en Asturias (consiste en mete-la billarda dentro dun círculo de uns 60,00 cms de diámetro, o "castru").
Malia a xogar de visitante e ter os xeareiros en contra, a selección galega (conocida polo alcume de “a auténtica”) deu un verdadeiro recital  de xogo gañando con solvencia  a maioría dos enfrontamentos.  A Copa retornou para as vitrinas da LNB mais unha volta.
Rematado o encontro,  comida de irmandade donde, como xa se pode supoñer,  non faltou a fabada asturiana nin a sidrina.
E a tarde despois dos cafés, de novo á pista de xogo, ista vez no pavillón cuberto de Piedras Blancas para a desputa do mítico Llacón cantábrico (esta volta xogando a modalidade galega de mete-la billarda no varal). Cinco carreiras en grupo donde resultou gañador Daniel, seguido de Pepe de Outeiro e Franco.
Houbo entrega de premios (un espectacular exemplar de coello leonado de borgoña foi a estrela) e diplomas conmemorativos desta “X Copa Cantábrica” por parte do "capitán Hevia", verdadeira e casi única alma mater destos enfrontamentos Galaico-Asturianos. Billarda e Liriu sempre! Adiante co Varal!

No hay comentarios: