2016/12/13

5ª xornada da LNB NorLeste


5ª xornada da LNB NorLeste. Ribadeo 10.12.16

Gran Carabullada en Ribadeo para acadar o Galo

En pleno mes de Nadal, gozamos dunha fermosa e soleada tarde no campo de fútbol da Faxarda, donde con un gran ambientazo, se desenrrolou a X edición do torneo do Galo, quinta xornada da LNB NorLestes e derradeira do ano.
Mais de medio cento de palanadores da conferencia NorLeste se deron cita na loita polo mítico Galo da LNB, que mais unha volta foi facilitado por “Mondoñedo”, o entusiasta colaborador carnavaleiro-palanador que ainda que desta volta non puido participar na loita, sí dispuxo dun anaco para facerse presente na entrega de premios os gañadores.
Co gallo de dinamizar o xogo, dispuxéronse tres pistas simultaneas que, por riba de dar mais axilidade o xogo, lle deron tamén maior vistosidade. Un grandioso espectáculo visto dende fora polos moitos xiareiros que se achegaron a disfrutar do evento e unha titánica pero deportiva loita vista dende dentro do campo de xogo.
O terrero, en perfectas condicións cando deu comezo a loita, a medida que a tarde iba morrendo, agromaba paseniño a xeada que se faia dona do chan, voltándolo mais blando e esbaradizo o tempo que facia unha chamada aos palanadores para que foran retomando as chaquetas que alegremente desbotaran un anaco antes.
Nunha tarde mui parella en xogo, cabe salientar a cuasiperfecta actuación de Santi dos “Carabullo” que se impuxo no aberto, gañando  vintecatro dos vintecinco puntos en xogo.
Na parte negativa, o xuvenil Rubén de “Billardeiros Musicais” tivo unha xornada moi cativeira con erros inesperados que o fixeron perder bastantes puntos, nembargantes a marxe que tiña, abonda parta mantelo ainda ao fronte da clasificación xeral.
Para o segundo e terceiro posto, houbo empate entre Noé de “Troitas Bravas” e Daniel de “Billardeiors Musicais” a vinteún puntos. Nas carreiras de desempate foi o da Pontenova quen se levou a mellor parte relegando o actual Campión da Conferencia o terceiro posto.

En donas Geni de “Billardeiros Musicais” foi a primeira por riba de Lucia de “Remourelle Bulls” e Irea de “Carabullo”.
En canto a equipos, a boa actuación dos “Carabullo”, levounos a acadar o primeiro posto da xornada. Desta volta os mariñans “Billardeiros Musicais” víronse superados polo empuxe dos da Chaira e quedaron no segundo posto.
           Ao remate da xornada, presentouse mais unha volta o noso “Apalpador” particular que xunto a Mondoñedo, se fixeron cargo da entrega de premios:
Para Santi, o gañador do aberto un fermoso galo e uns doces de Nadal.
Doces tamen para Noé e Daniel como segundo e terceiro e para o equipo gañador da xornada, os “Carabullo”. Parabén a todos e billarda sempre.
 Bo Nadal para todos e non vos pasedes cos doces, que enseguida retomamos a competición. Vémopnos o catroce de xaneiro en Castro de Ribeiras de Lea. A pola Pita de Mos.

No hay comentarios: