1ª xornada da LNB
NorLeste. Ponte de Outeiro 1.10.16
Regueiro e Billardeiros Musicais primeiros líderes.
O sábado 1º de
outubro, deu comezo no campo da festa de Ponte de Outeiro, a Liga Nacional de
Billarda na conferencia NorLeste.
Nun fermoso entorno,
un gran número de palanadores se deron cita para darlle a benvida a esta nova tempada que promete ser
das mais emocionantes e competidas.
Cas novas normas de
non limitar o número de xogadores por equipo, prodúxose unha enorme revolución:
Desaparecen como
equipos Pena Verde e Extensión Billarda que reparten seus efectivos entre outros
equipos.
Os Cruzados renovan equipo e nome, pasan a ser Chainzos e xúntanse con O
Cadaval dando como resultado un moi potente equipazo co nome provisional de Chainzos Cadaval.
Os Polka, que troca de nome en “Polka Miseria”, reforzase
con Lola Eiras e Hervy, parte dos efectivos de Extensión Billarda e con Coto de
Tropa Lixeira que tamén desaparece.
Os Carabullo (de
Buxo, Toxo e Teixo) perden apelido, en adiante son so Carabullo nun tándem
común moito mais consistente.
Remourelle Bulls tamén
pesca en Pena Verde e recupera o lesionado Villarino así como a Marcos (ausente
na derradeira campaña) e siguen en xestións para recuperar tamén a Martiño.
Así as cousas, esta
tempada serán seis os equipos que compitan polo título, dous completamente
renovados e outros catro que se manteñen sin demasiados cambios mais aló da
incorporación de algún novo fichaxe.
Disque moitos destos
movementos apuntan a una ofensiva co gallo de destronar aos actuáis campións
nacionais, os Billardeiros Musicais, que nembargantes aguantan o tipo nesta
primeira embestida e deixan a once puntos os segundos. Non son invencibles mais
vai haber que loitar moito para destronalos (quen queira peixe que molle o cú).
E xa que logo, comezaron
a voar as billardas cara ao varal. A festa deu comezo cos palanadores
entregados a tope en cada carreira na procura dos primeiros puntos da tempada.
Transcurriu a xornada
de forma moi deportiva, destacándose de forma crara nas primeiras carreiras
Charli, Rubén(Chainzos-Cadaval), Isma, Jorge e Santi, logo foron perdendo
folgos e víronse superados pola regularidade de Rubén e Manu Pozo (Bill. Music.)
e subliñadamente Regueiro de Troitas Bravas, que foron os que o remate se
levaron o terceiro, segundo e primeiro posto respectivamente.
En donas Geni (Bill.
Musicais) segue en estado de gracia e gaña aberto tras aberto, desta volta moi
ben secundada por Irea (Carabullo) e Lorena (Chainzos-Cadaval).
En equipos xa dixemos
antes que Billardeiros Musicais de Ribadeo, ainda cas notables ausencias de Markytos e de Juan, foron os mellores nesta xornada
seguidos de Carabullo.
Aparte dos trofeos
para os gañadores (artísticas tallas de madeira e prato conmemorativo, mais
unha árbore frutal), os organizadores tiveron a bén facer entrega a cada
palanador de unha planta de castaño.
A segunda xornada
está fixada para o sábado 15 de outubre en A Cadeira. Todo aquel que queira
disfrutar dunhas xornadas de irmandade e deporte, sin límite de idade, que se
apunte a xogar a billarda. O que proba, repite. Billarda sempre e adiante co
Varal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario