2016/09/27

Ponte de Outeiro, primeira cita da LNB NorLeste 2016.2017

            Non era sin tempo, mais todo chega e aquí temos xa unha nova e apaixoante edición da LNB NorLeste, como novidade, e para comezar con forza, Isma recoméndanos levar merenda para xantar todos xuntos antes do aberto.
            Parece que o tempo nos vai facer compaña e pode ser un bo arranque facer uso do noso lema "para darlle o garabullo, primeiro enche-lo bandullo".
             Agasallos para os participante, unha árbore que de vida a LNB! por billarda e como sempre ao rematar, pinchos e foliada ata que queiramos.
            A "BILLARDA" está viva. A loita polos postos de honra vai ser forte e sin coartel.
            Haberá forma de desbancar aos ampeonísimos Billardeiros Musicais? 
            Os equipos estanse a reforzar, subliñadamente os Remourelle Bulls que incorporan as súas filas á estrela de Pena Verde "Jorge" e agardan tamén que a volta as pistas de Marcos sexa xa unha realidade. 
            Sorte a todos, que a loita sexa nobre e Billarda Sempre!

No hay comentarios: