2016/05/09

O Xerro do Salnés 2016

        Eran as 8 da maña do sábado 7 de maio, cando partía dende Ribadeo a Guagua da LNB  que logo de recoller en Compostela algunhos palanadores da conferencia NorOeste, chegaba e inmediatamente tomaba posesión da Taberna de Cancela para que os sedentos palanadores poideran apagar a sede e un ano mais disfrutar do percorrido furancheiro, deixando para mais tarde o bruar das billardas na pista das Angustias nunha nova edicion do mítico Xerro do Salnés .
       Puntualmente apareceu tamén a representación do Sur, que este ano por coincidir unha súa xornada, non poideron acompañarnos. A súa presencia foi mais que nada para pechar flecos soltos da vindeira edición das finais nacionales de Santiago.
       Ca presencia pois das tres conferencias (somos catro, pero Sur e Rías Baixas consideramoas como si fora so unha), fíxose unha mesa redonda ca exposición e debate dos temas mais importantes entre tódolos presentes e chegando a un consenso total que resumimos así:
       As finais de equipos terán un representante da NorOeste e outro da Sur seguindo a NorLeste  e a Rías Baixas con tres equipos cada unha (falouse de que para o ano sexan so dous os equipos das conferencias maioritarias). Deste xeito son oito os equipos que disputarán o título nacional.
      Finais absolutas: NorLeste os 21 primeiros clasificados mais as  dúas prazas do All Stars, NorOeste e Sur os 8 primeiros clasificados e Rías Baixas 23 primeiros clasificados, ademais farase unha xornada de repesca con dereito as dúas prazas que faltan ata completar os 64 finalistas.
      En varados: Mantemos o do ano pasado, NLeste e R.B. 7 mellores, NOeste e Sur 3 mellores, en total 20 participantes. Aquí acordamos marcar unha liña aos 40 metros (10 antes do varal), para que no caso de que nadie entre e teñamos que facer una nova rolda de tiros,  aqueles que non pasaron dos 40 metros queden xa eliminados, ao mesmo tempo adiantarase tamén o lugar de saída.
       Na final feminina son 32 as plazas a cubrir. Na NorOeste non hai mulleres para as finais e quedamos un pouco a expensas de saber cuantas mulleres van a participar do NorLeste para completar cas de Rías Baixas e Sur que é donde teñen un maior número de palanadoras en activo.
En infantís non hai número, participan todos os que queiran ir e que ao comezo desta tempada (en 2015) tiveran 14 anos ou menos.
        En resumen:
                              ABSOLUTO     FEMENINO      VARADOS     EQUIPOS
NORLESTE                 21                      11 (¿?)                  7                     3
NOROESTE                  8                       2                       3                     1
SUR                           8                       6                       3                     1
RIAS BAIXAS             23                      13                        7                     3
ALL STARS                 2
REPESCA                    2
---------------------------------------------------------------------------------------------------
TOTAL                           64                    32                       20                    8

(¿?)  Si polo NorLeste so van 2 ou 3 donas e polo NorOeste ningunha, as prazas libres, repártense entre Rias Baixas e Sur, pero neste caso so ata completar 24 e non 32.
       Despedimos a Xan e Lois Camiña con todo arranxado e deixámolala mesa presidida polo Xerro e demais trofeos do aberto ata o noso retorno logo do obrigado percorrido furanchil. 
      Estaba aguantando o día e a molladura prevista de momento so era por dentro, pero o bo dura pouco  e a piques de comenzar o aberto xa tiñamos o barruzo presidindo a praza das Angustias o que non supuxo ningún atranco para os palanadores da NorLeste, que acompañados por un fato de aboríxenes, sacamos adiante o aberto do Xerro.
       Do aberto pouco que decir, unha loita desigual na que a única dona que xogou, foi quen de gañar sendo a primeira no seu grupo e primeira tamén ao final do aberto. Geni demostrou que sempre vai en serio deixando como segundo a Collazo e terceiros a Suso Coedo e Flores.
       Remataba a xornada donde empezou, na taberna de Cancela.  Abel foi mais una volta espléndido anfitrión e mestre de ceremonias.
     E deste xeito voltamos na guagua para a casa ca satisfacción do deber e do "beber" perfectamente cumprido deixando como testemuña muda do noso paso por Xil o Xerro 2016 que nos agardará ata que volvamos a buscarlo no 2017.

No hay comentarios: