2016/04/11

9ª xornada da LNB NorLeste.


                            Os Billardeiros Musicais pasan o rolo en A Pastoriza


Por mor de encontrarse impracticable o campo de Vian, a novena xornada da Liga Nacional de Billarda, disputouse no CEIP “El Salvador” de A Pastoriza o pasado sábado  dia 2 de abril. Logo de intercambio de opinión con respecto o tempo e co risco de mollarnos, decidiuse xogar  na pista exterior.
Como decimos arriba, tempo indeciso de amolante vento racheado que de cando en vez nos agasallaba con lixeiras pingueiras, pero nada serio para os bravos palanadores que culminaron a xornada sin maiores atrancos cos de esforzarse en acadar as mellores puntuacións.

Pista longa abofé. So dous varados na tarde e os dous na cuarta carreira, acadados por o “Carabullo de Teixo” Migho e por Pepe Vidal de “O Cadaval”.
Ainda houbo outro espectacular por parte de Rubén (rookie deste ano), que ao ser en rolda de desempate para postos de podio, non contabiliza como tal, pero si deixa constancia do potencial que atesoura este xove palanador (moi desexado por algún outro equipo, pero por decisión propia, nas filas dos Billardeiros Musicais).
Ata a terceira carreira foron moitos os que aguantaron o tipo, pero foi nas dúas derradeiras donde comenzaron a flaquear as forzas e pequenos erros fixeron grandes extragos. A puntuación viuse moi afectada deixando un so gañador destacado. Daniel fíxose ca bola de liscos con vintecatro puntos sobre os vintecinco en xogo.
Os que mais se achegaron foron Geni e Rubén (compañeiros de equipo do campión), con cadanseus vinte puntos. Nas dúas carreiras de desempate, a xuventude de Rubén impúxose craramente a veteranía de Geni. Gañou as dúas carreiras pechando ao gran campión, con un espectacular varado que non serve para puntuar pero si contabilizou para súa satisfacción persoal.
O monocolor podio desta xornada quedou completo co equipo, que como ven sendo costume, mais unha vez foron os Billardeiros Musicais de Ribadeo.
Os gañadores  recibiron os trofeos da xornada e mais a “bola de liscos” (unha para o campión  e outra para o mellor equipo), que gustosamente cortaron en anacos na propia pista e repartiron entre todos los presentes, pechando deste xeito e disfrutando en perfecta camaradería unha xornada mais de billarda.
O vindeiro sábado dia 23 xogarase a penúltima xornada da tempada na enxebre carballeira de Mosteiro-Pol.

No hay comentarios: