2016/04/27

10ª e penúltima xornada da LNB NorLeste


Markytos gaña en  Mosteiro e aperta a xeral.

Moi vistosa e disputada esta penúltima xornada da LNB que tivo lugar o sábado na enxebre carballeira de Mosteiro, que ainda co regusto do pasado “All Stars”, nin se ocupou de peitearse e lucía abundantes e longas greñas en toda a extensión, facendo dificultoso atopar as billardas que fuxian dos golpes dos palanadores agochandose baixo un manto de espesa herba e follas secas.
Por aquí non pasou Guardiola a medir a altura da herba.
Tempo variable. Ao comezo gozamos dun sol morno que docemente nos acariñaba, mais non tardou en ir trocando en amolante relente que sen chegar a ser frio, si foi abondo como para voltar a vestir alguna que outra prenda de abrigo.
Markytos tiña presa, gañou e foise ca música a outra parte (foliada de Melide)
Agardábase esta xornada para ver si algún dos de arriba pinchaba ou se distanciaba definitivamente cara o título de campión, pero as forzas están moi igualadas e todo sigue como estaba.  Os tres primeiros manteñen seus postos con Markytos axexando pero con poucas opcions. So falta unha xornada  e recuperar os dez puntos que lle farían falla para reter o título de campión, antóxase titánica tarea tendo en conta a calidade dos rivais, que non llo van por doado. En Remourelle a loita será feroz e sin trégola, e quen mais chifre será capador coroándose como novo Campión da conferencia Norleste.
Golpes con aparencia de doados, o chan de Mosteiro trocounos en soados erros dos palanadores, tendo estos, en moitos casos, que tentar manter o equilibrio  ao tempo que acertarlle a billarda e mandala cara ao varal.
Nas tres primeiras carreiras, Daniel, Regueiro e Tomás levaban pleno, sendo éste último quén de dous soberbios trallazos, acadou sendos espectaculares varados (os únicos conseguidos na xornada) e levar unha moi merecida e sonora ovación. Nas seguintes carreiras, os tres pincharon permitindo que Markytos, Rubén e Jorge os adiantaran na puntuación e tomaran por asalto os tres postos do podio.
Tomás maxistral, acadou dous varados na xornada.
Markytos gañou con 23 puntos que o achegan ao cuarto posto na xeral, mentres que Rubén e Jorge tiveron que xogar o desempate, ámbolos dous con 21 puntos. Gañou Jorge que foi segundo e Rubén terceiro. Este xove e debutante palanador sube o podio por terceira xornada consecutiva.
En donas Geni non da alternativa (desta volta foi secundada por Bea e por Lucia), outro tanto fan en equipos os Billardeiros Musicais, os dous siguen en solitario gañando xornada tras xornada e alonxándosoe do resto como si xogaran noutra liga.
Geni , Campiona feminina 2016
Así pois, agás Geni (dende fai xa varias xornadas campiona en donas) e Billardeiros Musicais (Campións por equipos),  haberá que agardar a vindeira xornada,  o vinteun de maio en Remourelle, para completar os postos de Campión absoluto e Campión de varados da tempada. Agardamos  que a asistencia de palanadores e xeareiros sexa maxiva para que o peche desta competida liga se torne mais unha volta en festa rachada.
Por un representante de “A.C. Polca Pol Kultura aberta”, foi lido un manifesto en contra das minas na Terra Cha e a renglón seguido foron entregados os premios os gañadores do aberto. Billarda sempre!!
Markytos (recolle o premio Geni), Jorge e Rubén os gañadores en Mosteiro

No hay comentarios: