2013/05/14

Eric pilla o Coelle de Suso en Remourelle


Ca xornada do sábao en Remourelle finaliza a tempada da LNB na conferencia NorLeste e queimáronse os derradeiros cartuchos de cara a conseguir un posto para disputar as finais nacionais o vindeiro día 26 de maio en Marrozos, Santiago de Compostela fronte os clasificados das outras conferencias, non  todas ainda finalizadas.
Como ven sendo costume, ainda que desta volta non estaba programado oficialmente, antes do comezo do aberto a maioría dos palanadores xuntáronse na Taberna de Lola para xantar, cumprindo a perfección o lema dos billardeiros “para darlle o garabullo, primeiro hai que enche-lo bandullo”.
Logo do sorteo comenzaron a disputarse as carreiras que so serviron para que algún xogador trocase de posto, xa que en definitiva non modificaron en nada a táboa de clasificados. Estan os que xa estaban, e os que tiñan algunha posibilidade de entrar quedaron as portas.
O Aberto gañouno Eric de “Os Outros” con tódalas carreiras gañadas, segundo Xerman de “Ekipa-Bitere” e terceiro logo dun desempate entre cinco candidatos (Daniel, Charli, Reyes, Villarino e Pepe), foi Charli de “Carabullo”.
Finalizouse a xornada novamente na Taberna de Lola ca entrega dos premios do aberto no que a estrela foi  “O Coello”  que Suso lle entregou a Eric como gañador do aberto. E seguidamente o concellal de deportes D. Vicente Castro, fixo entrega en nome do Concello de Ribadeo dos  trofeos correspondentes os gañadores en cada categoría:
En donas a Campiona foi Geni de “Os Outros”
En equipos repiten os Billardeiros Musicais.
En varados Charli de “Carabullo”
E Campión individual novamente Charli

A lista de clasificados para a gran muiñada de Marrozos e a seguinte:

Equipos: Billardeiros Musicais  e Tropa Lixeira

Donas: Geni, Reyes, Lola Eiras, Carme e Lucia
Varados: Charli, Regueiro, Daniel, Markytos e Martiño.

           Individual: Charli, Marcos, Daniel, Regueiro, Oscar, Markytos, Suso Coedo, Xermán, Richar, Nacho, Noé e Martiño.
   
            Xa estamos metidos de cheo nas finais. Iremos comentando calqueira dato ou información necesaria para que todo saia o mellor posible.

No hay comentarios: