2013/03/19

VI Torneo Cidade de Lugo

          Estamos na recta final da tempada regular da LNB. O sábado 16 disputouse no pavillón do IES Anxel Fole de Lugo a 9ª xornada sin que as clasificacións sufrirán cambios importantes. A falta de dúas xornadas, os postos de clasificación para as finais de Marrrozos (Santiago de Compostela) ainda están no aire. Das doce plazas, so cinco ou seis parecen xa ocupadas, para o resto hai moitos candidatos con posibilidades e unha xornada pode dar o quitar posibilidades. O mesmo pasa en Varados,  donde so Charli e Regueiro poden considerarse xa clasificados.
En equipos, os Billardeiros Musicais, ainda que non definitivamente, si parecen os donos do primeiro posto. Para a segunda plaza Os Outros levan ventaxe pero tanto Tropa Lixeira como os Remourelle Bulls manteñen unha feroz loita por alcanzalos e como se soe decir ainda está o capador enriba da cocha. Moi de perto seguen os de Extensión Billarda que veñen a pasos asigantados comendo terreo ainda que penso que reacionaron un pouco tarde. 
A liga nembargantes está ao roxo vivo e cadaquen vai tirar das deradeiras posibilidades para xunguirse ao carro das finais.
Na cidade das Murallas, o frio e a choiva fixeron que os anfitrións Madia Leva, tiveran que cambiar o céntrico campo de herba artificial da Piringalla polo pavillón do IES Anxel Fole,  mais non foron quen de quitar vistosidade a unha nova e muntitudinaria xornada billardeira. Dúas pistas de xogo a pleno rendimento e as billardas fungando no aire cara o varal con un alto porcentaxe de varados. Contabizaronse catorce en total destacando Martiño con 3 e Eric e Luis Camiña con 2.
Entre os cincuenta e catro palanadores que se deron cita, os cadidatos a facer pleno íbanse reducindo a medida que se iban sucedendo as carreiras chegando ao final con Eric de “Os Outros” como único invicto na xornada e por tanto campión do aberto. Para o resto do poido quedaron tres candidatos: Adrían de “Extensión Billarda”, Franco de “Billardeiros Musicais” e Martiño de “Remourelle Bulls” todos eles con 9 puntos. Foi o italo-galego musical quen mais afinou no desempate e se fixo ca segunda plaza, a terceira para Martiño e Adrian quedou fora.
Os gañadores recibiron de Madia Leva agasallos de sendas bolsas de libros e camisetas tendo ademáis Eric como Campión unha botella de Ron, que agardamos que como ainda é menor de idade, non se lle ocurra beber.
 A seguinte xornada será en Bretoña. Xa informaremos cando teñamos mais datos.

 

No hay comentarios: