2012/09/18

I Xornada da LNB conferencia Norleste

       Burela será, como ben sendo xa costume o punto de arrinque da Conferencia Norleste na LNB 2012-13.  As billardas bruarán ao surcar os ceos en busca do Varal no "CEIP Vista Alegre" as 16,30 h. do sábado 22.
 
       Como aperitivo o pasado domingo celebrouse en Remourelle o "Aberto deo vermút" "I Memorial Calvete" no que se amosou que a competencia para acadar os primeiros postos vai ser moi competida.
        Eric gañou pola mañá e a tardiña voltou a subir o podio ainda que desta volta no segundo caixon, deixando o primeiro posto para Daniel e seguido da súa compañeira e capitana de equipa Geni. Destacou sobremaneira a progresión de José Maria, con so sete anos é o mais cativo e capaz xa de darlle guerra aos mais experimentados palanadores.
 
         Atrancos de última hora impediron que acudise toda a xente ca que se contaba e así a fixación do calendario definitivo quedou sen rematar ainda que si está ultimado, pendente so de algún fleco. En Burela tentaremos deixalo listo para darlle xa publicidade.
          Cada ano tentamos correxir calquera erro ou incidencia do pasado e facer que o xogo sea axil e dinámico polo que pedimos colaboración e puntualidade a tódolos palanadores. Cada un de nos debe de estar pendente do seu turno e colaborar cando faga falla nos arbitraxes ou en calqueira outra tarefa para o bo fin da competición. E daquela: A disfrutar d'unha nova tempada billardeira! A serpe multicolor da LNB repta de novo!
                 

No hay comentarios: