2024/03/19

8ª xornada da LNB NorLeste.

                                  QUEN  QUEIRA  TROITAS  QUE  SE  MOLLE  O  CU 

                                                       Riotorto 25 de febreiro de 2024

O "Como chove miudiño, como miudiño chove" da nosa Rosalía, quedouse corto hoxe en Riotorto, donde se tiña que disputar (e malia todo se disputou) a 8ª xornada da LNB NorLeste.
Dos sesenta palanadores anotados para a xornada, soamente trinta e cinco (pouco mais da metade) ousaron chapotear no anagado campo municipal "A Veiga" de Riotroto.
Xornada atípica donde as haxa que rematou cos Troitas Bravas mais líderes ca nunca.
A seguinte xornada do 2 de marzo en San Miguel, queda aplazada por consenso de tódolos presentes para o sábado 23 de marzo.
De tódolos xeitos, Flores non quere deixar de facer un aberto polo San Rosendo e polo tanto, o mesmo día 2 si que se vai facer un abertiño amigable (posiblemente nunha soa pista no mesmo campo das Valgas ou no campo da festa como se fixo antano).
O seguinte encontro de liga será o 17 de marzo en Begonte. Billarda sempre e adiante co Varal.



2024/02/02

7ª xornada da LNB NorLeste. Castropol 28.01.2024

 No campo da Paloma, brilaron as Troitas Bravas.

 Despois do éxito da pasada tempada, a LNB volta a Castropol para celebrar o segundo aberto en terras Asturianas e ainda que alguén nas redes sociais puido querer sementar algún tipo de confrontación (polo tema lingüistico), nada mais lonxe da realidade. Na billarda non hai clases nin distincións. Todos somos iguais e disfrutamos do xogo e das xuntanzas como un grupo de amigos e si alguén ten dúbida, que veña xogar con nos e quedará convencido. Temos as portas abertas sempre. 


Como sempre os Troitas Bravas deron o do de peito para sacar adiante este magnífico aberto ca inestimable colaboración do Concello. Parabéns compañeiros. Organización perfecta.


O tempo estupendo para xogar a billarda ainda que o bravo terreo puxo abondos atrancos os 65 palanadores participantes (44 homes, 13 donas e 8 cativos).


Grandes e pequenos o pasamos ben, cada un o seu xeito, ainda que uns mellor que outros dependendo sempre de como lle foi nas carreiras.




Tres palanadores sobresairon por riba dos mais. Sachas (Troitas Bravas) por cuarta xornada consecutiva sube o podio, desta volta no mais alto cun pleno de 25 puntos. Con vintecatro e despois dun desempate, Basilio (Billardeiros Musicais) e Muriego (Remourelle Bulls) foron os seus acompañantes.

En donas, Sandra (Troitas Bravas) fixo o propio co seu compañeiro e superou a Cris e a Vanesa (as dúas de Castiñeiro Milenario).

Podio infantil e demais cativos participantes no aberto.

En infantis, como sempre os cracks Mateu e Diego (Madia Leva) impoñen a súa lei, Alejandra (Troitas bravas) foi terceira.



Malia as dificultades e a bravura do terreo, outra Troita Brava, Tonho, foi quen de facer un Varado, o terceiro que se acada na tempada.

Troitas Bravas

Billardeiros Musicais


Madia Leva

E por equipos, para completar a exitosa xornada, novamente Troitas Bravas suben o mai alto, por diante de Billardeiros Musicais e de Madia Leva, consolidándose na primeira posición da xeral e aumentando a súa vantaxe que ahora é de seis puntos sobre o segundo, o resto de equipos quedan xa a unha considerable distancia.

Don J.Antonio Martínez Rodríguez (Antón), concelleiro de deportes de Castropol, participou na xordada como un palanador mais e mostrou moi boas maneiras zoupándolle a billarda. O remate do encontro  foi quen fixo a entrega dos agasallos os gañadores do aberto.

O peche d'ouro da xornada non podía ser outro que celebrando un xantar conxunto como o demostran estas fotos que "roubo" os compañeiros de Troitas.  




 A liga regular retómase o dia 25 de febreiro en Riotorto. Billarda sempre! 

2024/01/15

6ª xornada da LNB NorLeste. Bretoña 13 xaneiro 2024

V ABERTO DAS FRECES

                                  (Veu de lonxe para gañar as Freces, foi Bonxe)

 Todo facía pensar que a xornada billardeira en Bretoña iba estar pasada por auga, nembargantes semella que o tempo gosta da billarda e ten unha querencia especial ca LNB. Como ven acontecendo en tódolos abertos ata o momento, deunos unha trégola e deixounos disfrutar d’unha boa e moi competida xornada billardeira.

Mais unha volta o multidisciplinar artista Muriego, presentou un “Murimarcador” espectacular para a ocasión, incluíndo unhas pinceladas históricas sobre Bretoña e o Bispo Maeloc, que xa de por si convidaban a acudir a cita billardeira.





Ainda que o estado do campo da festa non era o mais axeitado (a choiva deixouno bastante mol, embarrado por parroquias e irregular), xuntámonos 71 palanadores (46 homes 17 donas e 8 cativos) dispostos a loitar deportivamente e catar as saborosas freces que nos agardaban o remate da xornada.

O nivel dos palanadores cada volta e mais alto e non é doado gañar unha xornada, todos teñen opción a pouco que o sorteo dos grupos lles sexa minimamente favorable e teñan un bo día. Aí están os resultados. Nas seis xornadas que levamos so Charli foi quen de repetir no mais alto do podio.

Hoxe a loita estivo entre Bonxe e Seixas que acadaron cadanseus vintecatro puntos, sendo Bonxe quen tivo mais acertado no desempate. Sachas con vintedous puntos foi terceiro. Ben é certo que co terreo de hoxe, acadar vinte ou mais puntos non era doado e así quedou reflexado nas puntuacións finais.


 En equipos, semella que os Troitas Bravas (segundos hoxe) co seu poderoso e nutrido exército teñen vantaxe, mais os Billardeiros Musicais non se agochan e siguen erre que erre dando batalla. Hoxe os ribadenses gañaron e son segundos na xeral a so dous puntos. Terceiros foron Billarda Rio Miño, un equipo que vai subindo na táboa paseniño pero sin pausa, a victoria de Bonxe deulles un bo empurrón e xa superan a Carabullo tendo a Madia Leva a so dous puntos.

As repetidas ausencias de palanadores de Carabullo fanlles moito dano e merman enormemente as posibilidades deste gran equipo que estando ao completo é dos mellores e capaz de gañarlle a calquera.

Madia Leva van terceiros con todo merecemento. Teñen  un gran potencial para o un futuro moi próximo. Contan con veterania e xuventude moi talentosa para aspirar a todo.


 Quedan algo mais lonxe, Castiñeiro Milenario, Remourelle Bulls e Billarda Verde, non é porque non sexan tan bos como os que van diante (calquera dos tres teñen algún  podio individual), mais ben porque contan con poucos efectivos, pero sempre dan a cara e teñen talento a esgalla. Podemos e estamos moi fachendosos da calidade de tódolos palanadores da LNB NorLeste.

Tamen temos que sobresair que contamos cun plantel de donas impresionante, poden e de feito compiten o mesmo nivel que os homes. Sara (Billarda verde) quedou primeira con dezanove puntos, despois Cris (Castiñeiro Milenario) con dezasete e Milagros (Carabullo) con  catorce.

E por suposto a categoría infantil non se queda atrás co dominio absoluto de Madia Leva. Diego e Mateu son os dous que comandan os podios con Alba e Antía (Troitas Bravas) turnándose en acompañalos.

Unha nova xornada billardeira de lecer donde priman o deporte o bo rollo e a amizade. Parabéns polas saborosas freces e polos agasallos os campións da xornada.

Para a vindeira xornada cruzamos fronteira ata os campos da Paloma en Castropol, será o domingo 28 deste frío xaneiro. Saúde e billarda sempre!

2023/12/20

 5ª xornada da LNB NorLeste. Ribadeo 17.12.2023

Troitas Bravas, asalto o liderato!  

         O campo de fútebol de Outeiro, na Devesa, atopábase en bastante mal estado, blando en con algunha que outra poceira polo medio mais a billarda non se achica e ca asistencia de 67 palanadores (45 homes, 14 donas e 7 cativos) disputouse o XVI torneo do Galo, aberto “Vila de Ribadeo correspondente a quinta xornada da LNB da conferencia NorLeste da tempada 2023/2024.

       A xeada mañá foi trocando paseniño e dende o alto, Lorenzo foi espectador privilexiado da xornada, ollandao como catro grandes da billarda loitaban polo podio final: Basilio, Charli, Navallo e Sachas, empatados a 23 puntos obtaban a podio.

    Charli (Carabullo) conquista unha nova plaza no seu amplio currículum, segundo foi Sachas (Troitas Bravas) e terceiro Basilio (Billardeiros Musicais). Desta volta o bravo David Navallo, non puido acompañar o seu compañeiro Sachas no podio.

    Disque as Troitas son de auga doce, mais hoxe estas Bravas, souperon nadar seguras nas augas da Mariña e o seu trunfo na xornada deulles tamén o primeiro posto na xeral. O segundo equipo foron Billardeiros Musicais e terceiros Billarda Rio Miño.

     En donas, ás Musicais Billardeiras, Aroa con 14 puntos e Geni con 12, acompañounas desta volta Sara de Billarda Verde con outros 12 puntos.





    En infantis, mais unha volta Diego con 17 puntos e Mateu con 13 (os dous fenómenos de Madia Leva) fixeron podio como primeiro e terceiro. No segundo posto quedou Alba con 16 puntos (Troitas Bravas), que ainda sendo infantil, superou a tódalas donas nesta xornada. 

     Agradecemos a presencia do Concelleiro de Deportes de Ribadeo na entrega de medalla de Ouro pra os campión de cada categoría; uns lotes de productos de Nadal para os tres primeiros da xornada e para o mellor equipo e medallas para tódolos cativos participantes.





    Desexamos a todos un  Bo Nadal e  Aninovo Feliz anunciando que a liga regular retómase o sábado dia 13 de xaneiro co “V Aberto das Freces” en Bretoña.

    Billarda sempre e adiante co Varal!